Hoxe visitáronnos as responsables da protectora coruñesa SOS PELINES
 (FACEBOOK: Sos Pelines). 
Contáronnos cal é o seu labor, desde que se lles informa da aparición de un animal abandonado (normalmente cans ou gatos) ata que conseguen unha familia para adoptalo.
Tivemos a GRAN sorte de coñecer a  CUCA, unha cadeliña abandona e recollida por SOS PELINES.  
Cuca tivo unha vida difícil no pasado, fáltalle un trociño de orella, pero non importa porque ela agora é moi moi feliz e segue sendo PRECIOSA!!! 
É moi boa, gústalle estar con xente. Para nós foi un  PRACER ENORME coñecela!!! 
Estes días recollimos comida para a protectora e xa a levaron hoxe.
MOITAS GRACIAS SOS PELINES!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario