sábado, 9 de abril de 2016

XOGO ON-LINE DO LIBRO "SULTÁN NON TEN MICROCHIP"

Estes días estivemos xogando coa aplicación on-line de SULTÁN NON TEN MICROCHIP. É un xogo de preguntas sobre os coidados de mascotas, nós sabíamolas todas! :)

MATERIAL PARA TRABALLAR CO ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

A nosa compi e profe de PT, Sabela, diseñou moito material ao longo do curso para traballar co alumnado de ACNEE:

Para traballar secuencias básicas.

Para contar.

Ler con pictogramas.

Para compoñer imaxes.

Para traballar conceptos básicos.

Diferenciar e agrupar entre animais que: camiñan, nadan, voan, viven na auga, os que son salvaxes e domésticos.




xoves, 7 de abril de 2016

REVISTA DE MASCOTAS

Hoxe estivemos lendo unha revista sobre mascotas que trouxo unha compañeira nosa, Sabela. Como nos pareceu moi interesante pasarémola polas outras aulas para que podan vela tamén. Ten moitas cousas interesantes, algunhas xa no las contara Jorge, o veterinario que nos visitou hai unhas semanas.









luns, 4 de abril de 2016

ANUNCIOS PUBLICITARIOS SOBRE O COIDADO DE ANIMAIS

No libro de Ciencias Naturais tivemos que diseñar un anuncio publicitario para concienciar sobre o coidado de animais. 
Aquí deixamos algúns dos que fixemos, esperamos que vos gusten!

xoves, 31 de marzo de 2016

A NOSA CONTRIBUCIÓN A SOS PELINES

Hoxe veu unha representante de SOS PELINES a recoller a comida que xuntamos entre todos para animais en acollida. 






mércores, 30 de marzo de 2016

NON AO MALTRATO ANIMAL

Unha parte moi importante do noso proxecto é concienciar aos nosos/as compañeiros/as sobre o problema do maltrato aos animais, en particular ás mascotas. Por este motivo estivemos elaborando carteis sobre este tema para que todos e todas os podan ver.


 




venres, 25 de marzo de 2016

LIBRO-AGASALLO PARA JORGE, O VETERINARIO

Entre todas as aulas que participamos neste proxecto fixemos un libro para agasallar a Jorge, o veterinario que nos visitou hai uns días. Nel contámoslle o que máis nos gustou da súa visita.
MOITAS GRACIAS!