xoves, 25 de febreiro de 2016

VERSIÓN ILUSTRADA DE "SULTÁN NON TEN MICROCHIP"

Gustounos tanto o libro que nos agasallaron hai unhas semnas que decidimos facer unha versión ilustrada por nós. 
Os debuxos resumen a historia de SULTÁN NON TEN MICROCHIP, un can que camiña pola aldea dos Bolechas sen rumbo. Varios cans únense a Sultán e acaban todos nunha protectora de animais, os que teñen microchip volven cos seus donos e os que non o teñen, este é o caso de Sultán, esperan 20 días por si aparecen os donos e despois son adoptados. 
A historia de Sultán remata ben, xa que foi adoptado por Balbina, a veciña dos Bolechas.



Canción: Forrest Gump Score

Ningún comentario:

Publicar un comentario