venres, 4 de marzo de 2016

VISITA VETERINARIO

Hoxe visitounos Jorge, un veterinario moi agradable que nos veu a contar como debemos coidar ás nosas mascotas. 
Falounos de: cans, gatos, reptís, paxaros/aves, coellos, hamsters, peixes, etc.
Explicounos que necesitan e que non necesitan cada un deles para estar ben coidados,  xa que as mascotas, por moito que as queiramos, non son persoas, non dormen en camas coma nós, non comen a da nosa comida...precisan de coidados específicos de cada especie.
Antes de irnos Jorge dixo que tiña unha sorpresa, era unha SERPE DE VERDADE!!!! Explicounos como coidalas e deixounos tocala!!!
FOI INCRIBLE!!!!












Ningún comentario:

Publicar un comentario